15 de febrero de 2025
Imaxe: XAVI GARCÍA.
O Deportivo Liceo recibirá en Riazor (domingo 16, 12:00h) ó que será o seu rival nos Cuartos de Final da Copa do Rei.
A viaxe do Igualada a Galicia ben se pode considerar como un primeiro prato do duelo que terá no futuro contra o Deportivo Liceo. Ese será o 7 de marzo na Copa do Rei, pero antes hai un partido de OK Liga no que loitar (domingo 16, 12:00h). Tamén unha segunda praza que defender a falta de cada vez menos datas para o final da Fase Regular.
O do Pazo dos Deportes de Riazor será un encontro dirixido polos árbitros Daniel Villar Costa e Jorge Carmena Ortega, con Carlos Chouciño Fernández como auxiliar.
Semana limpa para preparar o duelo
Juan Copa e os seus xogadores puideron disfrutar esta semana de algo que últimamente escasea, como son aquelas que non teñen un partido entre medias. Tocou descanso na WSE Champions League, polo que o Liceo chegará a Riazor sen a carga física da competición europea.
El equipo de Juan Copa mantiene la segunda plaza con 36 puntos sumados
Os verdibrancos, a pesar da pasada derrota no Palau Blaugrana, continúan na segunda praza da Fase Regular grazas ós 36 puntos acumulados ata o de agora (12 triunfos, 5 derrotas e ningún empate). Segue de cerca o Reus Deportiu, terceiro con 35, mentres que o cuarto é o Calafell con 29 unidades.
Este duelo, como se apuntou anteriormente, será tamén un aperitivo do que se poderá ver na Copa do Rei a celebrar en marzo, posto que o día 7 o Liceo e o Igualada loitarán no Joan Ortoll por un posto nas semifinais.
Baixa de Bruno Saavedra
Pablo Cancela, a pesar da súa melloría, continúa sen poder formar parte das convocatorias debido á lesión de ligamento cruzado que sufriu antes do inicio da pretempada. Esta vez tamén se une á lista de baixas Bruno Saavedra, que no choque ante o Barcelona viu a quinta tarxeta azul do curso. Conleva sanción e Jaime Méndez, junior, regresará á convocatoria para cubrir a súa ausencia.


Así pois, os xogadores que tratarán de vencer ó Igualada serán os seguintes:
- Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Nil Cervera | 2 | 4 goles en OK Liga
- Arnau Xaus | 3 | 17 goles en OK Liga e 3 en Champions
- César Carballeira | 5 | 10 goles en OK Liga e 4 en Champions
- Jacobo Copa | 7 | 4 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Dava Torres | Capitán, 8 | 7 goles en OK Liga e 2 en Champions
- Fabri Ciocale | 9 | 5 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Tato Ferruccio | 77 | 1 gol en OK Liga e 3 en Champions
- Jaime Méndez | 78
Un Igualada en media tabla e con carga física
O equipo de Marc Muntané viaxará a Galicia coa mente posta en loitar polos tres puntos, pero tamén en coidar o punto de vista físico. Para eles a pasada fin de semana non foi de OK Liga, senón de WSE Cup, e cun rival de magnitude: o Sporting de Portugal, co que pugnan por un posto nas semifinais. Ese encontro de ida deixou un sufrido triunfo para os do país veciño (3-2).
Os de Marc Muntané venceron este mércores ó Lleida (3-0) tras dar a cara en Europa fronte ó Sporting
Un feito que implicou a celebración este mércores da xornada pendente, na que recibiron en Les Comes ó Lleida. O resultado foi dun inmellorable 3-0 grazas ós tantos de Roger Bars (2) e Marc Carol, aínda que agora Muntané tratará de evitar que a factura física se note en Riazor.
O Igualada xa sabe, ademáis, o que é gañarlle ó Deportivo Liceo. Fíxoo na primeira volta desta Fase Regular. Foi unha das vitorias polas que os cataláns viven actualmente na quinta posición da clasificación (27 puntos). Tratarán de sumar outra no Pazo dos Deportes de Riazor co seguinte plantel de 13 xogadores, suxeito a tres descartes para cumprir:
- Guillem Torrents | Porteiro, dorsal 1
- Jaume Marqués | Porteiro, 10
- Ferran Busquets | Porteiro, 61
- Biel Llanes | 3 | 2 goles en OK Liga
- Marc Rouze | 7 | 12 goles en OK Liga e 4 en la WSE Cup
- Joan Ruano | 8 | 2 goles en OK Liga e 1 en la WSE Cup
- Joel Roma | 9 | 3 goles en OK Liga e 1 en la WSE Cup
- César Vives | 19 | 1 gol en OK Liga
- Roger Bars | Capitán, 22 | 7 goles en OK Liga e 1 en la WSE Cup
- Guillem Llorens | 27
- Marc Carol | 32 | 8 goles en OK Liga
- Edu Fernández | 66 | 6 goles en OK Liga e 2 en la WSE Cup
- Miguel Cañadillas | 67 | 2 goles en OK Liga