PREVIA #OKLiga (X17) | Visita ó Palau

PREVIA #OKLiga (X17) | Visita ó Palau

8 de febrero de 2025


Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Deportivo Liceo e Barcelona enfrontaranse nun novo Clásico (domingo 9, 16:00h).

É a hora dun novo Clásico. O Palau Blaugrana vestirase este domingo (16:00h) coas súas mellores galas para ser o escenario do duelo entre Barcelona e Deportivo Liceo, primeiro e segundo clasificado da OK Liga na súa Fase Regular. Un que estará dirixido polos árbitros Miguel Díaz Cosme e Luis Mier Sánchez, con David Pedrola Valls como auxiliar.

Este partido poderase ver en directo e totalmente de balde grazas ó streaming de OK LIGA TV (canle de YouTube), tal e como ocorre en todas as xornadas da competición.

Un gran obstáculo en medio dun bo momento

O duelo na casa do Barça suporá unha proba de alto nivel para Juan Copa e os seus xogadores, inmersos no que probablemente é o mellor momento da tempada. Actuais segundos da OK Liga con 36 puntos, os verdibrancos acumulan ata cinco encontros sen encaixar un só gol xuntando tanto a competición doméstica como a WSE Champions League.

Tanto Liceo como Barça veñen de disputar Champions o pasado xoves

Aínda que será unha circunstancia que comparte co Barcelona, unha das dificultades do Liceo para esta viaxe consistirá no factor físico. O obxectivo será recuperarse do esforzo europeo adicado este xoves para vencer ó Dinan Quévert, pero serviu para confirmar a clasificación matemática para os Cuartos de Final con dúas datas de antelación.

Continúa a baixa de Pablo Cancela

Juan Copa viaxará a Barcelona co mesmo equipo que comezou a tempada, todavía sen a disponibilidade de Pablo Cancela pola súa lesión no ligamento cruzado do xeonllo. Tato Ferruccio, afectado tamén por unha pubalxia durante decembro e xaneiro, xa está recuperado e vén de acumular protagonismo nos dous últimos duelos do equipo.

Así as cousas, os dez xogadores que se enfrontarán ó Barça serán os seguintes:

  • Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
  • Martí Serra | Porteiro, 10
  • Nil Cervera | 2 | 4 goles en OK Liga
  • Arnau Xaus | 3 | 17 goles en OK Liga e 3 en Champions
  • César Carballeira | 5 | 10 goles en OK Liga e 4 en Champions
  • Jacobo Copa | 7 | 4 goles en OK Liga e 1 en Champions
  • Dava Torres | Capitán, 8 | 7 goles en OK Liga e 2 en Champions
  • Fabri Ciocale | 9 | 4 goles en OK Liga e 1 en Champions
  • Bruno Saavedra | 13 | 5 goles en OK Liga e 3 en Champions
  • Tato Ferruccio | 77 | 1 gol en OK Liga e 3 en Champions

Tras esta 17º xornada de OK Liga chegará unha semana limpa sen compromisos europeos. O seguinte será doméstico coa visita a Riazor do Igualada (domingo 16, 12:00h).

Duelo contra o líder

Falar do Barça é facelo dunha das potencias a nivel nacional e continental. Dirixido este ano por David Cáceres, ata o momento suma un pleno de triunfos en tódolos partidos da OK Liga. Peor está rendindo na Champions, da que vén de empatar in extremis contra o Barcelos. A súa loita por non caer eliminados en Fase de Grupos continúa viva.

Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

O plantel, con algún exliceísta como os irmáns Grau, presenta perigo en tódolos seus frontes. Un bo nivel na portería e outro mellor en canto a capacidade goleadora, unha que se reparte de forma xenerosa entre tódolos xogadores: salvo Aragonès, todos anotaron tanto en Liga como en Europa con cifras nada desdeñables.

Estes serán os homes que xogarán ante o Liceo, a falta dun descarte que deberá realizar Cáceres:

  • Sergi Fernández | Porteiro, dorsal 10
  • Carles Grau | Porteiro, 58
  • Ignacio Alabart | 3 | 11 goles en OK Liga e 7 en Champions
  • Matías Pascual | 4 | 3 goles en OK Liga e 3 en Champions
  • Pablo Álvarez | 7 | 18 goles en OK Liga e 5 en Champions
  • Ferran Font | 24 | 20 goles en OK Liga e 5 en Champions
  • Xavi Barroso | 26 | 3 goles en OK Liga e 4 en Champions
  • Marc Grau | 28 | 12 goles en OK Liga e 3 en Champions
  • Sergi Llorca | 44 | 8 goles en OK Liga e 2 en Champions
  • Sergi Aragonès | 55 | 3 goles en OK Liga
  • Eloi Cervera | 72 | 2 goles en OK Liga e 2 en Champions

Deixa un comentario