PREVIA OK LIGA 23/24 (X18) | Co terceiro triunfo seguido a tiro

PREVIA OK LIGA 23/24 (X18) | Co terceiro triunfo seguido a tiro

10 de febreiro de 2024


O Deportivo Liceo recibirá ó Mataró nun dos mellores momentos da tempada.

Regresa a OK Liga cunha oportunidade importante para o Deportivo Liceo. Preséntase a opción de sumar o terceiro triunfo consecutivo na OK Liga, algo que de momento só ocorreu unha vez ó longo do presente curso. O Mataró visitará este domingo o Pazo dos Deportes de Riazor (12:00h) na que será a 18º xornada de competición.

Este partido estará dirixido polos árbitros Sergi Mayor Oliván e Álvaro de la Hera Jáudenes, con Ivonne Copoví Trallero como auxiliar. No cambia que, ademais de nas gradas de Riazor, a acción se poderá seguir en directo e de balde grazas ó streaming que realizará Hockey Global na canle de YouTube de OK Liga TV.

Lista de dez para volver a casa

Juan Copa e os seus homes deberán repoñerse da recente e esixente proba en Barcelos, correspondente á quinta data da WSE Champions League. O tándem xoves-domingo xa é máis que coñecido polo Deportivo Liceo, que no obstáculo da fin de semana terá a ocasión de sumar a súa terceira vitoria seguida.

O Liceo de Juan Copa virá de lograr un punto na complicada pista do Barcelos.

Isto só ocorreu unha vez durante a tempada 23/24 e foi no mes de novembro, cando o equipo derrotou ó Caldes (4-2), ó Lleida (1-6) e ó Girona (4-2). Posteriormente chegou un negativo bache de resultados e lesións.

Neste caso, o técnico coruñés volverá a contar coa lista de dez xogadores que colleitaron bos rexistros no último mes. Só continúa de baixa Bruno Saavedra pola súa doenza de escafoides, pero a reaparición está moi próxima.

Os responsables de sumar de tres o domingo ás 12:00h serán os seguintes:

  • Martí Serra | Porteiro, 10
  • Tiago Rodrigues | Porteiro, 33
  • Sito Ricart | 2 | 6 goles en OK Liga e 3 na WSE Champions League
  • Tomás Pereira | 4 | 4 goles en OK Liga e 1 na WSE Champions League
  • César Carballeira | 5 | 20 goles en OK Liga, actual pichichi do Deportivo Liceo
  • Dava Torres | Capitán, 8 | 15 goles en OK Liga e 3 na WSE Champions League
  • Fabri Ciocale | 9 | 5 goles en OK Liga
  • Fran Torres | 44 | 3 goles en OK Liga e 4 na WSE Champions League
  • Guido Pellizzari | 54
  • Pablo Cancela | 74 | 8 goles en OK Liga e 2 na WSE Champions League

Un Mataró colista pero que xa gañou na ida

As estatísticas do Mataró, equipo dirixido por Joan Carles Vadillo, poden parecer inofensivas de primeiras ó tratarse das do colista destacado. Sen embargo, os cataláns foron capaces de vencer ó Deportivo Liceo no partido da primeira volta. Foi un 5-3 que significou a primeira das súas dous únicas vitorias do curso.

O Mataró suma 8 puntos e é o último posicionado da táboa con seis menos que o seguinte (Rivas). É, ademais, o equipo que máis goles encaixou cun total de 69. Mentalmente tampouco axudará a súa xeira recente, xa que acumulou nove derrotas de forma consecutiva.

O Mataró acumula nove derrotas seguidas na OK Liga

A pesar destes rexistros, Joan Carles Vadillo loitará con todo polos tres puntos cos seguintes xogadores:

  • Sergi Grané | Porteiro e capitán, dorsal 1
  • Gerard Garro | Porteiro, 10
  • Gerard Cusachs | 2 | 4 goles
  • Oriol Lladó | 3 | 7 goles
  • Marc Ollé | 4 | 4 goles
  • Jordi Pérez | 5 | 1 gol
  • Xavi Burguillos | 7 | 8 goles
  • Abel Moya | 8 | 8 goles
  • Guillem Carbonell | 14 | 4 goles
  • Lluc Vilà | 25 | 7 goles

Entradas a 5€ para público xeral

O público xeral conta con entradas online dispoñibles para este choque a través do seguinte enlace de Cluber. O prezo é de 5€ cada unha. O propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (11:00h) para a venda de pases físicos.

Como ocorrerá durante todo o curso 23/24, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite dita situación.

Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24 a un prezo totalmente inmellorable.

Por outra parte, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións. En ambas será necesario acreditar debidamente cada situación nas portas:

Deixa un comentario