PREVIA OK LIGA (X23) | Visita dun histórico

PREVIA OK LIGA (X23) | Visita dun histórico

Achégase o final de curso e tamén os partidos de carácter decisivo. Un deles terá lugar este domingo (17:00h) no Pazo dos Deportes de Riazor, onde seguirá a loita polo segundo posto da OK Liga. Visitará ó Deportivo Liceo o Igualada, un auténtico histórico do hockey nacional.

O encontro será retransmitido por OKLIGA.TV (canle de YouTube) e dirixido polos colexiados Oriol Escobar López e Luis Mier Sánchez

A segunda praza, en xogo

Ese streaming mostrará ó que xa é segundo na táboa, pero con catro probas por diante para asegurala. É excelente o rexistro do conxunto de Juan Copa, resumido en 50 puntos de 66 posibles cos últimos tres conseguidos precisamente na pista do seu actual rival pola praza.

Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

A vitoria no Pavelló Joan Ortoll de Calafell (0-3) serviu para adiantar ó cadro catalán, agora mesmo terceiro con 48 unidades, e depende de si mesmo para manterse. Virtualmente imposible está xa a primeira posición do Barça, a unha distancia de 12 con 12 por xogarse.

Xogará unha vez máis en contra do Deportivo Liceo, ademáis, o recente esforzo físico demostrado o pasado xoves. O seu compromiso europeo na complicada pista do Benfica rematou nun meritorio empate (2-2) tras equilibrar un resultado en contra.

Pendentes dun descarte

Como é habitual, Juan Copa deberá realizar un descarte dentro do seu plantel de once xogadores para que cumpra co máximo permitido de dez. O mesmo decidirase durante a previa do encontro.

Os once están en perfectas condicións para competir, polo que o elixido sairá entre Martí Serra, Mati Bridge, Sito Ricart, Bruno Di Benedetto, César Carballeira, Pol Manrubia, Dava Torres, Fabri Ciocale, Arnau Canal, Àlex Rodríguez e Fran Torres.

Ante un rival con obxectivos propios

O Igualada tamén sairá a patinar a Riazor con moito en xogo. O conxunto de Xavi García afrontará estes últimos catro partidos de fase regular con nada menos que o playoff na diana. Agora mesmo está dentro del grazas á súa sétima praza (30 puntos), pero con duros e cercanos perseguidores como Caldes ou Lleida (29).

Buscará tamén vengar o disputado encontro da primeira volta. Levouno finalmente o Deportivo Liceo (5-6) despois dun gol decisivo de Àlex Rodríguez a falta de dous minutos para o final.

Como o Deportivo Liceo, ademáis, deberá sobrepoñerse a un esforzo europeo. Neste caso moito máis recente, xa que este sábado disputou un partido ante o Braga portugués.

Deixa un comentario