PREVIA OK LIGA (X10) | Continuar a dinámica

PREVIA OK LIGA (X10) | Continuar a dinámica

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

A OK Liga regresará ó Pazo dos Deportes por primeira vez desde o 26 de outubro. Aproximadamente un mes e medio finalizado pola visita do Palafrugell ó Deportivo Liceo (20:00h, HOCKEY GLOBAL), segundo evento dun sábado maratoniano que comezará co partido do Feminino xa dirixido por Stanis García.

O conxunto de Juan Copa buscará aumentar a súa boa quenda de resultados, sendo o máis recente a vitoria lograda na pista do Caldes (1-6). Tres puntos que sumaron un total de 22, un rexistro de sete triunfos en nove partidos e a consolidación na segunda praza da competición.

Baixa de Maxi Oruste

O técnico liceísta non poderá contar co arxentino Maxi Oruste, convalecente dunha pubalxia que o manterá lonxe das pistas durante varias semanas. Non será sustituido por ningún xogador do OK Prata. Por outra parte, Martín Garaboa será dúbida.

A lista estará completada momentáneamente polos xa habituais Carles Grau, César Carballeira, Dava Torres, Marc Grau, Jordi Burgaya, Jordi Adroher, Roberto Di Benedetto e Àlex Rodríguez.

Un Palafrugell en problemas

Visitará Riazor un Palafrugell inmerso nunha dinámica negativa de resultados. O equipo dirixido por Xavier García é o vicecolista da OK Liga con seis puntos e unha única vitoria, lograda na segunda xornada. Juan Copa, técnico liceísta, non quere oír falar de rachas: “É un equipo que non está ben clasificado pero que ten aspiracións para estar máis alto. O ano pasado foi a revelación da Liga”.

Imagen: CH PALAFRUGELL.

O Liceo deberá afrontar un perigo chamado Sergi Canet. A pista do Pazo verá ó actual máximo goleador de toda a competición, grazas ós seus 14 tantos. Un potencial complementado polo italiano Franco Ceschin, responsable de oito dianas máis. De engadido, regresará a Coruña o galego Adrián Candamio.

Como ir ó Pazo dos Deportes?

Por 5€, ou incluso de xeito gratuito, tódolos liceístas que o desexen poderán asistir a Riazor para desfrutar tanto deste partido como do Feminino. Para iso, organizáronse os tres escenarios habituais de adquisición de pases.

No primeiro deles, adicado ós abonados do Real Club Deportivo, haberá 500 pases gratuitos dispoñibles. Non existirá máis custo que o tempo da xestión, a levar a cabo mediante a seguinte ligazón de CLUBER:

No momento da chegada ós aledaños do Pazo dos Deportes, as persoas que apliquen esta posibilidade terán a obriga de presentar dous documentos: o código QR proporcionado por Cluber e o carnet do Real Club Deportivo.

O segundo escenario aplicarase ós socios do Deportivo Liceo, que deberán mostrar o QR do seu carnet dixital no momento de acceder ó Pazo dos Deportes. Será a medida habitual mentres se xestionen os pases físicos.

Para rematar, o público xeral que desexe asistir ó encontro conta con entradas dispoñibles a un prezo de 5€ cada unha. Valerán, como é natural, para os dous partidos do sábado e adquiriranse de xeito online mediante outro link de CLUBER:

Vivir o mellor hockey sobre patíns nunca foi tan sinxelo. Liceístas, agardámosvos en Riazor!

Deixa un comentario