PREVIA OK LIGA | Proba de nivel no Palau

PREVIA OK LIGA | Proba de nivel no Palau

Imaxe: Mónica Arcay (Hockey Global).

Terceira xornada e chega xa un dos puntos de inflexión da tempada. O Deportivo Liceo xogará ante o Barcelona no sempre complicado Palau (luns 12 de outubro, 19:00h, OKLIGA.TV e Esport3).

Visitará Cataluña con moito que gañar, e é que unha terceira vitoria consecutiva contra semellante rival significaría un espaldarazo clave. Tamén con bastante que perder, tendo en conta o sistema actual de liga sen playoff e que o bloque liceísta todavía esté en construcción. Sexa como sexa, os de Juan Copa -actuais líderes- tratarán de vencer ao contrincante máis poderoso de todos para redondear un comezo de curso ilusionante.

O técnico insistiu na dificultade deste compromiso, pero tamén nas ganas que os seus xogadores teñen para afrontalo: “É o actual campión, un equipo que o ano pasado chegou a un nivel de xogo excelente. É todo un reto, empezamos moi ben e temos ganas de ir a xogar alí, pero sabemos da dificultade. Debemos confiar en nós e no que estamos a facer, respetando ó máximo ó rival”, declarou na plataforma Hockey Global. Copa tamén deu a súa impresión sobre o feito de que este partido teña lugar nunha fase tan inicial da OK Liga: “Todos preferiríamos que fora un pouco máis adiante, pero os calendarios saen así e este é o que hai”.

Viaxe a Barcelona cun Di Benedetto en forma

Para intentar a machada, o Deportivo Liceo non pode chegar en mellor forma. Os verdes afrontan a terceira xornada da competición tras lograr dúas vitorias nas dúas primeiras datas, sendo a máis recente realmente destacable (15-1 ao CP Taradell no Pazo dos Deportes).

Copa viaxará a Barcelona coa totalidade do plantel dispoñible, no que hai que incluir a Nahuel Castro (xogador do OK Prata). Entre eles obviamente estará un home en racha como é Roberto Di Benedetto, autor de seis dos goles da estrea do Liceo no coliseo coruñés: “É unha cifra importante, non soe pasar no alto nivel. Estou contento, é a primeira vez que o consigo”, comentou ‘Roby’ a Hockey Global. Añadiu, ademáis, un optimismo rodeado de lóxica cautela: “O equipo está ben, é un bo momento para xogar. Eles teñen nove homes top que xogan moi ben colectivamente e con moito ritmo, pero levamos traballando desde xullo para asumir estes retos”.

Eses grandes xogadores tamén levaron ao Barcelona a un escenario pouco menos que idéntico. Edu Castro e os seus recibirán aos coruñeses despois doutro pleno de vitorias, que non os converten en líderes simplemente pola diferencia de goles (18 a 15 a favor do Liceo). 11 deles son obra do veterán Pablo Álvarez e do talentoso João Rodrigues, os dous homes máis en forma do equipo catalán. Tampouco hai que esquecerse dos que Di Benedetto ben denominou “homes top”: Ignacio Alabart, Nil Roca, Sergi Panadero, Pau Bargalló, Aitor Egurrola, Hélder Nunes ou Matías Pascual.

É un dos partidos estelares da OK Liga desde fai anos, e unha vez máis virá co cartel de primeiro contra segundo clasificado. O choque será retransmitido por OKLIGA.TV e o canal de televisión Esport3.

Deixa un comentario