PREVIA COPA DA RAÍÑA | Soñar e loitar

PREVIA COPA DA RAÍÑA | Soñar e loitar

A Copa da Raíña xa está aquí, ó igual cá Copa do Rei. Ambas, con sede no Pavelló Onze de Setembre de Lleida, terán representación do Deportivo Liceo. No torneo feminino deberase enfrontar a un duro Vila-sana, rival dos cuartos de final (xoves 5 de maio, 21:00h, TVG 2).

En caso de triunfo, as xogadoras dirixidas por Stanis García deberían lidiar co gañador do choque entre Palau e Cerdanyola. A semifinal será, xogue quen a xogue, o sábado 7 ás 11:00h. A gran final comezará o día seguinte ás 11:30h.

O camiño non será sinxelo, pero iso non deterá o que -con final bo ou malo- será unha gran loita. María Sanjurjo, en verbas á Televisión de Galicia, amosou as altas ganas do equipo hacia unha competición sempre especial: “Todo rival ía ser complicado. Nós imos con moita ilusión e a polo título. A un partido podemos gañarlle a calquera”.

Todas menos Naiara

Tan só haberá unha baixa na expedición que viaxe a Lleida na procura da Copa: Naiara Vaamonde. O resto de xogadoras serán da partida para Stanis García, incluindo á recuperada Bea Gaete.

Polo tanto, once serán as encargadas de loitar e defender ó Deportivo Liceo: Viki Caretta, Mencía Mosquera, Luchy Paz, María Sanjurjo, Adriana Soto, a mencionada Bea Gaete, Alba Garrote, Cris Diz, Alejandra Martín, Lara Yáñez e Lucía Yáñez. Á hora de xogar deberá realizarse un descarte.

Máxima dificultade

O Deportivo Liceo atopará a un Vila-sana moi perigoso e en estado de graza. Tamén ás responsables de varios rexistros de récord. O conxunto amarelo e negro é o actual líder da OK Liga Feminina por diante doutros trasatlánticos como Palau ou Telecable.

O Vila-sana é o líder da OK Liga Feminina en puntos e en goles anotados

Vila-sana suma ademáis a honra de ser o equipo con maior capacidade goleadora da competición doméstica (129, 17 máis có segundo e case seis por partido) grazas a xogadoras como Luchi Agudo (28 dianas), Victoria Porta (24) e Valentina Fernández (22). Moitas outras rexistran dobres díxitos.

De todas formas, as liceístas lograron poñerlle as cousas realmente complicadas a este gran grupo. Sacou o encontro, aínda que con considerable dificultade e na súa propia pista (2-0 a favor das de Cataluña). Esta ocasión será, como mínimo, especial.

Deixa un comentario