CRÓNICA OK LIGA | Triunfo para despedir a fase regular (1-3)

CRÓNICA OK LIGA | Triunfo para despedir a fase regular (1-3)

A fase regular da OK Liga rematou con vitoria. A guinda a un rexistro excelente para o Deportivo Liceo, responsable de 65 puntos sobre 78 posibles e unha boa segunda praza. Esta xornada de clausura deixou un último triunfo ante o Manlleu, rival xa descendido.

Un conxunto, iso si, que loitou seriamente. Tamén xogaban ó seu favor as numerosas baixas do de Juan Copa, repartidor de minutos para os xogadores menos habituais e do filial. Martín Garaboa ocupou o posto de Carles Grau na primeira metade e Mati Bridge, meta do OK Prata, na segunda. Tamén participaron Nanu Castro e Fran Torres.

Martín Garaboa, Mati Bridge, Nanu Castro e Fran Torres gozaron de gran protagonismo

A pesar da guerra ofrecida polo Manlleu, Dava Torres abriu o marcador no minuto 9. Definiu moi ben tras un pase excelso de Marc Grau antes de vestir de dobre asistente. Primeiro serviu a César Carballeira (0-2, min. 23) e máis tarde ó propio Marc Grau (min. 28) para intercambiar os papeis da diana inicial. O equipo local logrou despedirse da OK Liga cun bonito gol dun novo Roger Codinach, que honrou ó Manlleu a falta de dez segundos.

Antes da disputa dos playoffs tocará xogar por outro título: a Copa do Rei, que enfrontará ó Deportivo Liceo contra o Reus Deportiu nos seus cuartos de final (venres 6 de maio, 18:00h).

FICHA TÉCNICA

CP MANLLEU: Oriol Codony; Marc Pujadas, Biel Pujadas, David Navarro, Pol Auguet (quinteto inicial), Pol Franci, Roger Codinach, Aleix Borregán, Biel Humà e Xavi Arcas (meta suplente).

DEPORTIVO LICEO: Martín Garaboa; César Carballeira, Dava Torres, Marc Grau, Àlex Rodríguez (quinteto inicial), Nanu Castro, Fran Torres e Mati Bridge (meta suplente).

ÁRBITROS: Cantos Bonales e Pérez Pérez. Sen cartóns.

GOLES: 0-1 (Dava Torres, min. 9). 0-2 (César Carballeira, min. 23). 0-3 (Marc Grau, min. 28). 1-3 (Roger Codinach, min. 50).

Xornada 26 da OK Liga 21/22. Pavelló Municipal de Manlleu.

Deixa un comentario