CAMPAÑA DE SOCIOS 21/22 | Colaboración co Real Club Deportivo

CAMPAÑA DE SOCIOS 21/22 | Colaboración co Real Club Deportivo

A Campaña de Socios do Liceo continúa o seu camiño recuperando unha antiga colaboración. Tódolos abonados do Real Club Deportivo, cuxa Campaña comeza hoxe 26 de xullo, poderán apostar #TodoÓVerde por tan só 5€ máis.

O Deportivo Liceo, por conseguinte, desexa agradecerlle á entidade branquiazul o seu importante apoio. Máis aínda nestes complicados tempos que nos tocou vivir.

Por outra parte, os non abonados tamén poden unirse á Familia Liceísta:

Tal e como mostra a imaxe, existen tres posibilidades fóra desta colaboración:

  • SOCIO INDIVIDUAL: Prezo de 40€.
  • SOCIO FAMILIAR: Válido para un número de 4 SOCIOS integrantes da mesma familia. Prezo de 80€. Deberanse facilitar os datos de tódolos membros do pase.
  • SOCIO PROTECTOR: Válido para un número de 6 SOCIOS, sexan ou non da mesma familia. Prezo de 200€. Deberanse facilitar os datos de todos, tal e como ocorre no Familiar.

É posible cristalizar algunha destas opcións a través da seguinte ligazón de CLUBER.

Os pases permitirán o acceso ós partidos de TODOS os equipos do club e, polo tanto, a tódalas súas competicións. A entidade levará a cabo dous Días do Socio: un na OK Liga e outro na Champions.

¡Axúdanos na nosa loita contra todo e contra todos! ¡#TodoÓVerde!

Deixa un comentario