11 de maio de 2026
Liceo e A Coruña serán un neste importante último tramo de OK Liga. O Club levará a cabo unha serie de iniciativas para logralo.
O sábado 16 de maio (18:00h) empezará en Riazor o ansiado Playoff polo título da OK Liga. Aí darán comezo os Cuartos de Final ante o Lleida, unha eliminatoria ó mellor de tres partidos co Liceo de Juan Copa como poseedor do factor pista. Club e cidade deberán ser un.
Invitacións de balde para socios
Unha das iniciativas que pon en marcha a entidade verdibranca é a posibilidade de que os seus socios soliciten invitacións sen ningún tipo de custo para o mencionado encontro do sábado día 16. Tamén, en caso de ser necesario, para un hipotético terceiro partido de Cuartos no Pazo dos Deportes.
Se o Liceo avanzara ás seguintes eliminatorias, o Club poría en marcha novas remesas de invitacións para que o Pazo ruxa como nunca e sexa un xogador máis.
Cada socio poderá solicitala para o encontro inicial, a maiores do seu carnet, vía email (areasocial@hockeyclubliceo.com) ou WhatsApp (+34 613 217 066) antes do xoves 14 de maio ás 16:00h. Os pases enviaranse por eses mesmos medios.
Ver esta publicación en Instagram
Socios do Deportivo
Non haberá cambios con respecto ós socios do Deportivo que adquiriran o suplemento de 5€. Todo aquel que o ensine en físico ou dixital (non valerá captura de pantalla) poderá entrar sen ningún custo durante os Cuartos de Final e unhas hipotéticas Semifinais.
No caso de chegar á Final, deberase solicitar de balde a correspondente entrada a areasocial@hockeyclubliceo.com por motivos de aforo.
Entradas de público xeral
Como é habitual, tamén se activa a venda de pases para o público xeral con prezos absolutamente populares.
Estarán dispoñibles nas taquillas de Riazor desde unha hora antes de cada partido, así como vía online mediante Cluber. O enlace para adquirir as do primeiro choque ante o Lleida é o seguinte.
Abonos en taquillas
Para acabar, tamén existirá a posibilidade de adquirir un abono individual ou familiar para disfrutar dos Playoffs de forma íntegra. O valor de cada un será de, respectivamente, 25€ e 40€; sendo o familiar válido para un máximo de catro persoas da mesma unidade familiar (incluindo o socio titular).
Ditos bonos poderanse xestionar vía Cluber ou nas taquillas de Riazor antes de cada partido, igual que no caso das entradas de público xeral.

