7 de maio de 2026
Tódolos socios do Liceo poderán solicitar unha invitación de balde para o máximo de dous partidos que se xogarán en Riazor ante o Lleida.
Entramos na fase decisiva da OK Liga 25/26: os Playoffs, onde o apoio do Liceísmo será clave. O sábado 16 de maio ás 18:00h arrincarán no Pazo dos Deportes e co Pons Lleida como rival en Cuartos de Final. A eliminatoria será ó mellor de tres partidos e con factor pista a favor.
Desde o Liceo animámosvos a chear a nosa casa para o máximo de dous partidos que se poderían disputar en terras coruñesas. Cada socio do Club poderá solicitar unha invitación a maiores do seu carnet vía email (areasocial@hockeyclubliceo.com) ou WhatsApp (+34 613 217 066) antes do xoves 14 de maio ás 16:00h. Os pases enviaranse por esos mesmos medios.
Contamos convosco para lograr un final de temporada inesquecible. FORZA LICEO!

