O Lloret-Liceo xogarase o 20 de novembro

O Lloret-Liceo xogarase o 20 de novembro

Imaxe: Hockey Global (Mónica Arcay)

O Lloret-Liceo, suspendido fai escasos días por un positivo no equipo local, xa ten nova data. O encontro correspondente á xornada 7 da OK Liga xogarase o 20 de novembro ás 20:00h, despois da enorme predisposición do Lloret á hora de resituar o partido coa menor demora posible.

O equipo dirixido por Juan Copa, que se enfrontará ao Vic o domingo 15 ás 12:00h, tiña libre a fin de semana do 21 de novembro. Correspondíalle recibir ó Vendrell na novena xornada, pero o partido foi adiantado ao día 1 tras o acordo entre ambos clubes. Saldouse con vitoria para o equipo coruñés por 5-0.

O Lloret si tiña estipulado un partido ante o Noia, en principio a celebrar o sábado, pero a entidade decidiu atrasalo ata o domingo para poder disputar o suspendido contra o Liceo tan só dous días antes.

Toda a familia do Deportivo Liceo desexa agradecerlle ao Lloret este exemplar xesto que non só dignifica ao club, senón á totalidade da competición.

Deixa un comentario