O Lloret-Liceo, suspendido por un positivo no equipo catalán

O Lloret-Liceo, suspendido por un positivo no equipo catalán

O encontro que debía enfrontar ao CH Lloret e ao Deportivo Liceo, correspondente á xornada 7 da OK Liga, queda suspendido debido á aparición dun positivo en COVID-19 no plantel do equipo catalán. Todavía non existe data oficial para a reubicación do partido, que debía ter lugar o 8 de novembro ás 11:00h no Pavilló Municipal de Lloret de Mar.

A expedición liceísta, por esta razón, non viaxará a Cataluña durante o fin de semana. O Deportivo Liceo desexa a mellor recuperación posible ao afectado desta terrible pandemia, como non pode ser de outra forma, pero insta tamén á reflexión, posto que a incidencia foi comunicada ao club a menos de 40 horas para o comezo do partido, cando en casos similares o aviso chegou sempre coa marxe suficiente.

Deixa un comentario