ISB SPORT, novo patrocinador do Deportivo Liceo

ISB SPORT, novo patrocinador do Deportivo Liceo

Imaxe: Hockey Global (Mónica Arcay).

A familia do Deportivo Liceo está compracida en anunciar un novo compañeiro de viaxe: ISB SPORT, que desde este momento é patrocinador do club.

ISB SPORT é o resultado da combinación deporte/empresa. A paixón polo deporte unida a todo o coñecemento, ademáis da experiencia do fabricante de rodamentos no sector industrial durante máis de 60 anos, deron lugar a unha nova gama de rodamentos deportivos presente nas principais competicións sobre rodas ao máis alto nivel, como a do Deportivo Liceo.

O club desexa agradecerlle a ISB SPORT o seu apoio nestas circunstancias tan complicadas para todos.

Deixa un comentario