O filial recuperará o seu duelo ante o Areces o sábado 6 de febreiro

O filial recuperará o seu duelo ante o Areces o sábado 6 de febreiro

Lonxe dos focos do gran partido entre o primeiro equipo e o Barcelona, o filial do Deportivo Liceo recuperará este sábado 6 de febreiro (18:00h) un dos seus choques pendentes. Será o que debía disputar fai un mes ante o CP Areces Pavitek, pero un positivo en COVID-19 detectado no conxunto asturiano evitou a súa celebración.

O equipo liceísta afrontará este compromiso despois de dous derbis coruñeses consecutivos ante Dominicos e Compañía de María. Colleitou un heroico empate no primeiro (2-2) e unha vitoria no segundo (1-0) que actualmente colocan ós muchachos de Stanis García na 5º posición (21 puntos) do Grupo Norte da OK Prata. Pola súa parte, o Areces é o colista con tan só 6 puntos pero varios partidos adiados.

Deixa un comentario