#LiceístasDesdeCasa

A iniciativa nace unha vez coñecida a imposibilidade da presenza de público no Deportivo Liceo - Barcelona do venres 5 de febreiro.

Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).

As recentes restricións anti-COVID impedirán a asistencia de afeccionados ó Deportivo Liceo – Barcelona do vindeiro venres 5 (19:30h, HOCKEY GLOBAL), pero o seu ruido seguirá.

Desde este momento e ata o asubío inicial do partido, clave polo título da OK Liga, os afeccionados liceístas terán a posibilidade de enviar as súas fotografías ou vídeos de ánimo ás redes sociais do club:

A mensaxe máis orixinal que chegue ó hashtag #LiceístasDesdeCasa recibirá unha camiseta asinada polo plantel e o corpo técnico do primeiro equipo.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario