O Deportivo Liceo inaugurará en decembro a súa Grada Solidaria

O Deportivo Liceo inaugurará en decembro a súa Grada Solidaria

22 de novembro de 2023


O espazo habilitarase nos partidos como local e servirá para invitar e homenaxear ás asociacións benéficas da Coruña.

O mes de decembro traerá o inicio dunha nova iniciativa: a Grada Solidaria do Deportivo Liceo. Con esta proposición, o Club traballará para adicar cada partido do Pazo dos Deportes de Riazor a unha asociación benéfica da Coruña.

A iniciativa comezará o domingo 3 coa celebración do Liceo-Reus (xornada 10 de OK Liga, 12:00h).

Como participar?

Tódalas interesadas en participar na Grada Solidaria deberán escribir a administracion@hockeyclubliceo.com varios días antes de cada partido como local, aínda que o propio Club contactará con moitas delas.

Unha vez realizada a solicitude ou a confirmación, xestionaranse as entradas necesarias e explicarase o procedemento a seguir para recollelas.

Deixa un comentario