25 de novembro de 2023
O Deportivo Liceo viaxará a Barcelona para afrontar o primeiro Clásico da semana (sábado 25, 17:15h).
Ó Deportivo Liceo agárdalle unha semana de tres partidos e dous deles serán no Palau Blaugrana do Barcelona. Chegan dous Clásicos e cada un nunha competición diferente. Se ben o do xoves 30 abrirá a WSE Champions League 23/24, o deste sábado 25 (17:15h) responderá á novena xornada de OK Liga.
Este gran encontro estará dirixido por Sergi Mayor Oliván e Jonathan Sánchez García, con Manel Blat Guimera como auxiliar. Estará retransmitido pola G24 da Televisión de Galicia, por OK Liga TV e por Esport3 (Cataluña).
Proba de nivel para continuar a boa dinámica
O conxunto dirixido por Juan Copa aterrizará en Cataluña despois de acumular tres triunfos consecutivos. Os éxitos colleitados contra Caldes, Lleida e Girona servirán de motivación extra para o que será, como sempre, unha proba de gran dificultade.


Os liceístas afrontarán esta data desde a terceira posición da Fase Regular, empatados a 15 puntos tanto co Calafell como co Noia. Por enriba só están a revelación Sant Just (16) e o propio Barcelona (22).
Tralo partido ligueiro do Palau e o propio de WSE Champions League, o Liceo recibirá en Riazor ó Reus (domingo 3, 12:00h), visitará ó Voltregà (mércores 6) e será o anfitrión do Alcoi (sábado 9) e do Barcelos (xoves 14, Champions, último partido de 2023).
Recuperación de efectivos
Co obxectivo de seguir escalando posicións, os verdibrancos recuperarán esta fin de semana a unha das súas pezas. Fran Torres ‘Tombita’ entra na convocatoria despois de superar a fase máis complicada da súa fractura de nariz.
Mentres que o dorsal 44 si regresa, Bruno Saavedra continuará de baixa durante máis tempo debido á súa lesión de escafoides. Guido Pellizzari tampouco participará, xa que non poderá facelo ata a apertura do mercado de inverno.
Polo tanto, os homes elixidos por Juan Copa son os seguintes:
- Martí Serra | Porteiro, dorsal 10
- Tiago Rodrigues | Porteiro, 33
- Sito Ricart | 2 | 3 goles
- Tomás Pereira | 4 | 3 goles
- César Carballeira | 5 | 12 goles, máximo goleador do Deportivo Liceo e segundo de toda a OK Liga.
- Dava Torres | Capitán, 8 | 6 goles
- Fabri Ciocale | 9 | 4 goles
- Fran Torres | 44 | 1 gol
- Pablo Cancela | 74 | 7 goles
Un Barça con fondo de armario
O Barcelona de Edu Castro é o actual líder da OK Liga con 22 puntos, deixando tan só un empate polo camiño (Noia, 2-2). Sen embargo, o gran potencial dos azulgranas continúa vixente. É o cadro máis goleador (44) e o menos goleado (15).
Este partido poderá significar o regreso de Pau Bargalló, que entra na convocatoria de Castro. O exliceísta supera así a lesión nun dedo que lle mantivo fóra das pistas durante semanas. Si será dúbida o veterano Sergi Panadero, á vez que Matías Pascual continúa rehabilitándose da importante dolencia que sufriu fai varios meses.


O plantel do Barcelona, recentemente marcado pola aparición de varios canteiráns e pola presenza de non menos exliceístas, é o seguinte:
- Sergi Fernández | Porteiro, dorsal 10
- Carles Grau | Porteiro, 58
- Jan Curtiellas | 2
- Ignacio Alabart | 3 | 8 goles
- Miquel Escala | 6
- Pau Bargalló | 8 | 2 goles
- Sergi Panadero | 9 | 1 gol
- Xavi Barroso | 26
- Marc Grau | 28 | 10 goles
- Sergi Llorca | 44 | 5 goles
- Joan Ruano | 53
- Eloi Cervera | 72 | 1 gol
- João Rodrigues | 79 | 13 goles