Moitas grazas, #LiceístasDesdeCasa

Moitas grazas, #LiceístasDesdeCasa

10.000 persoas nun Liceo – Barcelona. 25 de xaneiro de 1987. Imaxe: Xosé Castro.

Dentro dunhas circunstancias tan excepcionais como son as relacionadas coa COVID-19, o partido entre o Deportivo Liceo e o Barcelona terá lugar a porta pechada. Un choque no que as gradas do Pazo dos Deportes rebosarían, como na fotografía de Xosé Castro.

Sen embargo, na semana previa deste encontro clave, o club decidiu levar a cabo a campaña #LiceístasDesdeCasa cunha premisa moi sinxela: que a afección verdibranca enviara as súas mensaxes de apoio a través das Redes Sociais do Liceo.

Así foi. A cantidade de ánimo recibido foi, e segue sendo, enorme. Polo tanto, desde o club non cabe outra resposta que o maior dos agradecementos á xente que forma parte da Familia Liceísta. Moitas, moitas grazas polo cariño recibido e por estar sempre ó lado do equipo. Nas boas e nas non tan boas.

A continuación, un extracto das mensaxes recibidas por Twitter, pero que representan ben o sentir dos milleiros de persoas que senten a entidade como súa. O gañador ou gañadora da camiseta asinada será anunciado próximamente:

Deixa un comentario