Martí Serra únese ó Deportivo Liceo 22/23

Martí Serra únese ó Deportivo Liceo 22/23

A portería do Deportivo Liceo conta desde hoxe cun novo inquilino. Trátase de Martí Serra, segunda fichaxe verdibranca para o curso 22/23. O gardarredes asina por dous anos e, xunto ó promocionado Mati Bridge, encherá o espazo deixado por Carles Grau e Martín Garanoa.

O xogador nado en Voltregà (25 anos) comezou a súa carreira no CP Vic antes de fichar polo CP Calafell, onde pemaneceu tres tempadas. O seu gran rendemente motivou a súa incorporación ó Lleida, club no que logrou alzar unha WS Europe xunto ó tamén fichado Bruno Di Benedetto.

Serra tamén conta con protagonismo no combinado español, co que foi campeón do Europeo do ano 2021.

Mati Bridge completará a portería do Deportivo Liceo

Esta fichaxe e a de Di Benedetto sustitúen varias das sete baixas liceístas tralo final da temporada 21/22: Maxi Oruste, Marc Grau, Jordi Burgaya, Jordi Adroher, Roberto Di Benedetto e os mencionados Carles Grau e Martín Garaboa.

Deixa un comentario