Sito Ricart formará parte do Deportivo Liceo 22/23

Sito Ricart formará parte do Deportivo Liceo 22/23

A terceira incorporación do Deportivo Liceo 22/23 é Lluís “Sito” Ricart. O prometedor xogador catalán, nado en Sant Just Desvern, únese ás fichaxes de Bruno Di Benedetto e Martí Serra para darlle forma e futuro ó novo proxecto que encabezará Juan Copa.

A pesar da súa xuventude, Ricart xa conta con experiencia nas altas esferas do hockey nacional tras destacar co Caldes. Tamén gañou un bo protagonismo nas diferentes categorías do combinado español.

A súa incorporación, sumada ás de Serra e Di Benedetto, chega tralas sete baixas liceístas unha vez rematada a tempada 21/22: Maxi Oruste, Marc Grau, Jordi Burgaya, Jordi Adroher, Roberto Di Benedetto, Carles Grau e Martín Garaboa.

Deixa un comentario