Bruno Di Benedetto regresa ó Deportivo Liceo

Bruno Di Benedetto regresa ó Deportivo Liceo

O proxecto 22/23 do Deportivo Liceo colle forma. Un vello coñecido protagoniza a primeira incorporación do equipo: Bruno Di Benedetto. O xogador francés, tras desvincularse do Lleida, asina por dúas tempadas e da comezo á súa segunda etapa na Coruña.

Di Benedetto aterrizou na cidade herculina en 2019 tras triunfar co Lleida, onde alzou unha WS Europe Cup. Foi verdibranco durante unha campaña ata que regresou á disciplina catalana, onde logrou outro título europeo. Os seus éxitos únense a dúas ligas francesas con La Vendéenne, ademáis de a múltiples participacións coa selección do seu país.

O de Noisy-le-Grand forma parte, xunto a Roberto e Carlo, do trío de irmáns Di Benedetto. Todos eles defenderon en algún momento a camiseta do Deportivo Liceo.

Esta fichaxe cubre parcialmente as sete baixas que vivirá o conxunto de Juan Copa trala finalización do curso 21/22: Carles Grau, Martín Garaboa, Maxi Oruste, Marc Grau, Jordi Burgaya, Jordi Adroher e o mencionado Roberto Di Benedetto.

Deixa un comentario