24 de marzo de 2025
Deportivo Liceo e Barcelos enfrontaranse en Riazor na ida dos Cuartos de Final da WSE Champions League. Haberá á venda entradas de público xeral por 7€ cada unha.
Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.
Chegan a Riazor os Cuartos de Final da WSE Champions League. Este xoves 27 ás 20:30h, Deportivo Liceo e Barcelos enfrontaranse no que será o encontro de ida. Un para o que o Pazo dos Deportes debe estar a rebosar de Liceístas.
Os pases de público xeral para este último choque de Fase de Grupos xa se atopan á venda de xeito online mediante a plataforma Cluber. Tamén se poderán adquirir físicamente nas taquillas de Riazor, que abrirán desde unha hora antes do comezo do encontro (19:30h). O custo do pase (7€) será o mesmo independientemente do xeito na que se merque.
Socios e abonados gratis
Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.
Se todavía non es socio, podes aproveitar os novos prezos da segunda volta para apoiarnos neste treito final de tempada: neste enlace podes formalizar o teu carnet.
Portas abertas para os máis pequenos
Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións.
Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):