23 de marzo de 2025
O Liceo fletará, como mínimo, un bus para todo aquel afeccionado que se queira desprazar a Portugal.
O xoves 3 de abril pode ser un día chave para o futuro europeo do Deportivo Liceo. Esa será a data do partido de volta ante o OC Barcelos, correspondente á volta dos Cuartos de Final. Por iso, nun momento vital da WSE Champions League, o Club fletará autobuses para os Liceístas que desexen apoiar ó equipo na pista do conxunto luso.
En caso de querer apuntarse, deberase enviar unha solicitude ó WhatsApp oficial do Liceo (613 21 70 66) para optar ó pack de viaxe máis entrada. Esta última estará financiada nun 50% pola entidade. Dito paquete terá un custo total de 27€ (por persoa) que se deberá abonar no número de conta do Club, mandando xustificante á canle de WhatsApp:
ES98 2080 0006 4255 0002 2243
O autocar sairá o propio día 3 de abril ás 17:30h desde a Rúa Manuel Murguía, á altura da Deportienda. Tamén existirá unha segunda parada en Alfonso Molina ás 17:45h.
Apúntate a un día que pode ser histórico!