7 de decembro de 2023
O Deportivo Liceo recibirá ó Alcoi en Riazor con entradas a tan só 5€ para o público xeral (sábado 9, 13:00h).
Os socios e abonados entrarán gratis ensinando o código QR do seu carnet, tanto de forma impresa como dixital.
Achégase a última xornada de OK Liga do ano natural 2023 e faino sen novidades en canto ó reparto de entradas. O choque entre o Deportivo Liceo e o PAS Alcoi (sábado 9, 13:00h) contará de novo con pases a tan só 5€ para o público xeral que non sexa nin socio nin abonado do club.
Xa están á venda a través do seguinte enlace de Cluber. O propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (12:00h) con entradas físicas.
Socios e abonados gratis
Como ocorrerá durante todo o curso 23/24, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite a súa situación.
Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24 a un prezo totalmente inmellorable. Aquí contas con toda a información.
Portas abertas para os máis pequenos
Por outra parte, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións. Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):