ISB Sport proporciona ó Deportivo Liceo os seus novos modelos de rodamentos

A marca líder en rodamentos deportivos, patrocinadora do club, facilitou ó primeiro equipo os seus novos equipamentos de cara á Liga Europea.

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

ISB SPORT, un dos compañeiros de viaxe do Deportivo Liceo, tamén irá da man do primeiro equipo na súa vindeira disputa da Liga Europea. O plantel liceísta recibiu na tenda HELYA SPORT unha nova serie de modelos dos seus rodamentos deportivos para os dous partidos da primeira fase, a celebrar na localidade portuguesa de Luso ante Barcelona e Benfica (9 e 10 de abril).

Así, ISB SPORT reafirma o seu compromiso co Deportivo Liceo. A marca, fabricante de rodamentos no sector industrial durante máis de 60 anos, seguirá presente nas principais competicións sobre rodas de élite.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario