A RFEP lanza a colección de cromos da OK Liga

A RFEP lanza a colección de cromos da OK Liga

A OK Liga contará esta tempada co seu primeiro álbum oficial de cromos. A Real Federación Española de Patinaxe, Icromos, a Asociación de Clubes de Hockey Patíns e Mundo Hockey traballaron “con gran esmero, cariño e atención á calidade” nun proxecto que verá a luz en vindeiras datas e que unirá, por primeira vez en España, as ligas feminina e masculina.

Contará con 15 cromos por equipo, tanto nunha como noutra, con fotografías de xogo real da presente tempada 20/21. Ademáis, os equipos de OK Liga Prata Norte e Sur estarán representados con fotografías de grupo.

Adquisición online e presencial

Tanto o álbum como os cromos poderán adquirirse en tendas físicas especializadas en hockey sobre patíns. Coa vontade de poder ofrecer esta colección a tódolos deportistas, afeccionados e seguidores do hockey, os álbumes e sobres de cromos estarán tamén dispoñibles nos clubes representados. Ademáis, existirá a posibilidade de adquirir de forma online, polo prezo habitual, un pack de álbum e 400 cromos ensobrados (máis do 75% da colección total) sen repetidos.

Pola súa parte, a Real Federación Española de Patinaxe puxo a disposición de calquer interesado un email exclusivo para a colección: okligacromos@gmail.com.

Deixa un comentario