Comezo de competición na Senior Autonómica feminina e masculina

Comezo de competición na Senior Autonómica feminina e masculina

Os equipos do Deportivo Liceo continúan os seus respectivos regresos á competición oficial. É o caso dos da Liga Senior Autonómica, tanto feminina como masculina.

As primeiras comezarán a acción real o sábado 14 de novembro ás 17:00h, nun partido que as enfrontará ao HC Raxoi en Elviña (porta pechada). Será o asubío inicial dunha liga regular a ida e volta, de 10 xornadas en total, á que lle seguirá un playoff (primeiras contra cuartas e segundas contra terceiras). A fase inicial rematará a finais do mes de xaneiro, salvo incidencias relacionadas coa COVID-19. Podes consultar o calendario completo do equipo feminino senior na seguinte ligazón.

Pola súa parte, o conxunto da Liga Senior masculina (Grupo Norte) tamén collerá o stick por primeira vez o día 14 de novembro. Será ás 18:30h en Carballo, onde xogará contra o Escola Lubiáns. A competición durará 5 xornadas na súa fase regular, e a continuación terá lugar un playoff que enfrontará aos mellores do Grupo Norte e o Grupo Sur. Podes consultar o calendario completo do equipo na seguinte ligazón.

Deixa un comentario