Franco Platero, Fabri Ciocale e o Liceo separan os seus camiños

Franco Platero, Fabri Ciocale e o Liceo separan os seus camiños

Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).

A etepa como liceístas de Franco Platero e Fabrizio Ciocale chega á súa fin. Os xogadores arxentinos deixan de pertencer ó club unha vez rematada a tempada 20/21 para enrolarse, respectivamente, no Oliveirense portugués e no Valdagno italiano.

Platero chegou a Galicia en verán de 2019 e, desde o primeiro día, amosou a súa gran calidade e potencia. Foi un xogador fixo para Juan Copa que, ademáis de sacrificio defensivo, aportou excelentes números goleadores. Deixará A Coruña tras ser peza chave do recente título de Copa.

Pola súa parte, Fabri Ciocale aterrizou na cidade en 2016. Habitual das inferiores arxentinas en varias competicións internacionais, foi escalando no club ata chegar ó primeiro equipo. Con el, como no caso de Platero, logrou a Copa 2021.

O Deportivo Liceo desexa agradecer públicamente o tremendo esforzo e compromiso de ambos durante a súa estancia como verdibrancos, así como a maior das sortes nas súas novas aventuras.

Deixa un comentario