Ofrecemento da Copa do Rei ó Colexio Liceo La Paz

Ofrecemento da Copa do Rei ó Colexio Liceo La Paz

Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).

A meritoria consecución da 10º Copa do Rei do Liceo derivará agora en días de festa e actos. Un dos máis importantes terá lugar no Colexio Liceo La Paz, sede do club. Alí, o plantel e o corpo técnico do equipo de hockey ofrecerán o título a tódolos nenos e nenas do centro.

O acto celebrarase este martes, día 15 de xuño, ás 10:00h. Será 48 horas despois do histórico triunfo ante o Barcelona (3-2), diante de máis de mil afeccionados liceístas que acudiron ó Pazo dos Deportes de Riazor.

Deixa un comentario