A OK Prata Feminina chega á súa fin

A OK Prata Feminina chega á súa fin

Imaxe: Bybirbo (Iria Roma).

O curso 20/21, estraño a máis non poder, terá punto e final o vindeiro domingo. Será a xornada na que o Deportivo Liceo, xa ascendido, procure lograr a primeira praza da OK Prata Feminina. O rival que visitará o Polideportivo de Monte Alto (12:30h) será o CPP Raspeig.

Para iso, as verdibrancas teñen as contas moi claras: gañar ó pechacancelas destacado da competición. Actualmente copan a clasificación con 26 puntos, a mesma cantidade que o CP Las Rozas, pero co golaveraxe a favor (0-2 e 0-0). Polo tanto, un triunfo suporá matemáticamente o primeiro posto.

O CPP Raspeig, pola súa parte, intentará rematar con honra unha competición na que se caracterizou por uns pobres números. Pleno de derrotas, condición de equipo menos anotador e de máis superado de cara a porta.

Deixa un comentario