Fin de semana sen OK Liga Feminina e OK Prata Masculina

Ambas volverán para o Deportivo Liceo o vindeiro 26 de febreiro.

Este sábado e domingo non haberá competición en dúas das categorías principais do hockey nacional, polo menos para o Deportivo Liceo. Tanto a OK Liga Feminina como a OK Prata Masculina ofrecerán un parón a sendos conxuntos verdibrancos.

A acción regresará o 26 de febreiro en ambos casos. No da OK Liga, Stanis García e as súas xogadoras recuperarán un dos choques previamente suspendidos por motivos COVID: o que lles enfrontará ó Girona en terras catalás. Por outra parte, Sergio Huelves e os seus recibirán ó Arenys de Munt no Agra.

Por esta razón, o único equipo liceísta con traballo competitivo será o da OK Liga Masculina, que visitará mañá sábado ó Reus Deportiu (19:00h).

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario