Golden Cup 50 Aniversario Deportivo Liceo: promoción de 500 entradas para socios e abonados

Golden Cup 50 Aniversario Deportivo Liceo: promoción de 500 entradas para socios e abonados

Imaxe: VÍCTOR ECHAVE | La Opinión de A Coruña.

Xa están dispoñibles as primeiras entradas para a que será unha cita imperdible: a Golden Cup 50 Aniversario Deportivo Liceo, un evento que do 11 ó 17 de abril convertirá a A Coruña no núcleo mundial do hockey sobre patíns.

A venda comeza cunha primeira promoción destinada ós que sempre están aí. Tódolos liceístas que o desexen, tanto socios como abonados froito do convenio co Real Club Deportivo, teñen á súa disposición unha remesa de 500 entradas reservadas.

Cada un deses pases, cun valor de 50€, pódense adquirir na seguente ligazón de Cluber desde hoxe ata o vindeiro venres día 25 de febreiro:

https://t.co/rE34koVbkG

Iso non é todo. Con catro pases, o Deportivo Liceo regálache un quinto de xeito gratuito. Anímate e apúntate ó maior evento de hockey sobre patíns do mundo!

Deixa un comentario