Fabrizio Ciocale (Buenos Aires, 1999) vestirá novamente a cor verde. O xogador arxentino volve á disciplina do Deportivo Liceo despois de permanecer durante tres meses e medio no Hóquei Clube Braga. Aquel foi un movemento xestado a finais do mes de agosto, basado nunha cesión previa renovación co club coruñés.
O home formado en Vélez Sarsfield disputou 10 partidos nas filas do conxunto luso e o seu préstamo ía durar inicialmente a totalidade da tempada 20/21, pero o Deportivo Liceo optou por traer de volta ó de Buenos Aires para reforzar aínda máis ó primeiro equipo.
A reincorporación de Fabri supón un engadido de luxo para o plantel dirixido por Juan Copa, xa reponsable do mellor arranque histórico do Liceo na OK Liga.