Descanso para o Liceo feminino e cita para o Senior e o OK Prata

Descanso para o Liceo feminino e cita para o Senior e o OK Prata

Ademáis de para o primeiro equipo, que xogará contra o Calafell, o sábado 12 de decembro será día de competición para o OK Prata e o Senior masculino do Deportivo Liceo. Non así para o feminino, que descansará e volverá á pista a fin de semana do 19. Por entón, enfrontarase ó HC Borbolla nun duelo de altura: primeiras contra segundas na loita polo liderado da fase regular.

Casualmente, o Borbolla tamén será o rival do equipo da Liga Senior Autonómica masculina. Os verdes xogarán contra o seu conxunto A ás 11:00h, despois de lograr unha vitoria clara na xornada anterior (6-1) ante o equipo B, que tamén está na mesma competición. Tras dúas datas disputadas, o Liceo ocupa a terceira posición a tres puntos do líder Compañía de María.

Pola súa parte, o OK Prata dirixido por Stanis García completará o seu pequeno maratón particular o mesmo día 12 ás 19:00h. O seu partido levaralles a xogar ante o complicado Vilafranca, terceiro clasificado do Grupo Norte cun partido menos que os dous equipos que lle superan: o propio filial liceísta e o Sant Just, con 17 e 18 puntos respectivamente. O conxunto coruñés asumirá este reto despois de afrontar dous en 72 horas (2-2 ante o mencionado Sant Just e vitoria por 5-3 ante o CP Tordera).

Deixa un comentario