Entradas para o Deportivo Liceo-Reus Deportiu (OK Liga 22/23, xornada 6)

Entradas para o Deportivo Liceo-Reus Deportiu (OK Liga 22/23, xornada 6)

O terceiro partido en Riazor da OK Liga 22/23 será tan bonito como complicado e, por iso, a nosa casa deberá estar chea de Liceístas. Chegará á Coruña o Reus Deportiu (domingo 9, 12:00h) na sexta xornada de competición, á que poderás asistir a prezos totalmente populares.

O público xeral terá de novo a posibilidade de asistir ó partido por unha inmellorable cantidade de 5 euros. Poderá adquirir a súa entrada dixital a través deste enlace de CLUBER. Unha vez no Pazo, o seu poseedor deberá ensinar o código QR da mesma para poder entrar.

Por outra parte, os socios do Deportivo Liceo e os abonados provintes do Real Club Deportivo entrarán ensinando os seus carnets.

Tamén entrarán de forma gratuita os Liceístas máis pequenos grazas á nova política do club, que podes consultar aquí.

Riazor agarda!

Deixa un comentario