Estrella Galicia renova como patrocinador principal do Deportivo Liceo

A relación entre o club e a marca galega durará dous cursos máis. Ademáis, Cabreiroá será a agua oficial da entidade.

Estrella Galicia seguirá ó carón do Deportivo Liceo durante dous anos máis. A archicoñecida marca galega continúa así a súa aposta polo deporte e de proximidade, apoiando ó club de xeito máis que importante. Cabreiroá será, ademáis, a auga oficial da entidade.

Desde o Deportivo Liceo enviamos o noso profundo agradecemento a Estrella Galicia por confiar na institución, que seguirá loitando día a día para lograr tódolos éxitos deportivos posibles.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario