ENTRADAS | Loita con nós pola Final 8 europea!

ENTRADAS | Loita con nós pola Final 8 europea!

Queremos seguir soñando e coa xente ó noso carón é moito máis sinxelo. O Deportivo Liceo afrontará este xoves día 9 (20:30h) un importante partido contra o Calafell, chave para seguir na loita da WSE Champions League. O camiño hacia a súa Final 8 pasa por un Pazo dos Deportes que se deberá tinguir de verdibranco unha vez máis.

Para conseguilo, o club lanza outra vez prezos populares para todo o que queira asistir a este compromiso continental. O público xeral terá de novo esa posibilidade por nada menos que 5 euros e poderá adquirir a súa entrada dixital a través desta ligazón de CLUBER. Unha vez no Pazo, o poseedor deberá ensinar o código QR da mesma para poder acceder.

O público xeral poderá adquirir as súas entradas de xeito online por tan só 5€, mentres que os socios e abonados entrarán gratis ensinando as súas credenciais

Por outra parte, como ocorre na OK Liga, os socios do Deportivo Liceo e os abonados provintes do Real Club Deportivo entrarán ensinando os seus carnets, sexa de xeito dixital ou impreso.

Tamén entrarán de forma gratuita os Liceístas máis pequenos grazas á nova política do club, que podes consultar en detalle aquí.

Axúdanos a loitar pola gloria europea!

Deixa un comentario