O Liceo abre as súas portas ós máis pequenos

Os nenos de ata 12 anos, tódolos do Colexio Liceo e os poseedores dunha ficha federativa de hockey poderán entrar GRATIS durante toda a tempada 22/23.

Imaxe: MÓNICA ARCAY.

Se algo ten claro o Deportivo Liceo é que a paixón polo deporte comeza nas idades máis tempranas. Por esa razón, o club aplicará desde este momento unha política que facilite ese proceso o máximo posible.

Os nenos e nenas que cumplan calquera das seguintes condicións poderán asistir de xeito gratuito a tódolos partidos do Liceo ata o final do presente curso:

  • Ter 12 anos ou menos. En casos non tan evidentes, deberá acreditarse a idade mediante DNI.
  • Estudar no Colexio Liceo La Paz, sexa cal sexa a idade. Os alumnos deberán vestir prendas do centro para poder entrar.
  • Contar cunha ficha federativa de hockey sobre patíns que se deberá ensinar nas portas de entrada ó Pazo dos Deportes.

Este novo modo de proceder entrará en vigor o venres desta mesma semana, día no que Juan Copa e os seus xogadores recibirán ó PHC Sant Cugat (21:30h).

Gozar do mellor hockey sobre patíns está ó alcance da man. Liceístas, contamos con vós en Riazor!

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario