ENTRADAS #LiceoVoltregà | Vive un gran sábado de deporte coruñés!

ENTRADAS #LiceoVoltregà | Vive un gran sábado de deporte coruñés!

9 de abril de 2024


O Deportivo Liceo recibirá ó Voltregà no Pazo o sábado 20 de abril ás 17:00h, dúas horas antes do encontro do Real Club Deportivo no ABANCA-Riazor.

As entradas de público xeral continuarán cun custo de tan só 5€ cada unha.

Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.

O sábado 20 de abril pode ser un gran día para o deporte coruñés e desde o Deportivo Liceo convidámoste a vivilo connosco. Riazor e os seus alrededores poderán gozar esa xornada dun dobre partido con dous obxectivos realmente importantes.

Ás 17:00h xogarase o do Liceo de Juan Copa, que recibirá no Pazo dos Deportes ó Voltregà coa meta de afianzarse nos postos nobres do playoff polo título; mentres que ás 19:00h o Estadio ABANCA-Riazor albergará o encontro entre o Real Club Deportivo e a Cultural Leonesa no que será unha nova proba en busca do ascenso a Segunda División.

No que se refire ós verdibrancos, o club manterá unha vez máis os prezos mínimos das súas entradas para público xeral. Cada unha seguirá cun custo de tan só 5€ e xa están dispoñibles de xeito online a través do seguinte enlace de Cluber. O propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (16:00h) con pases físicos para este Liceo-Voltregà.

Socios e abonados gratis

Como vén ocorrendo durante todo o curso 23/24 tanto en Europa como en OK Liga, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa.

O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite dita condición. Estes mesmos, como é natural, tamén poderán presentar a acreditación para vivir o encontro entre os branquiazuis e a Cultural Leonesa.

Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24: aquí contas con toda a información.

Portas abertas para os máis pequenos

Como é habitual, os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións poderán entrar de balde ó Deportivo Liceo vs. Voltregà.

Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):

Deixa un comentario