Entradas de público xeral para o Deportivo Liceo-Alcoi (11 de marzo)

Unha vez máis, o club ofrece entradas a tan só cinco euros para o público xeral (sábado, 18:30h).

Volve a OK Liga e faino cun novo duelo co Pazo dos Deportes como anfitrión. Alí enfrontaranse o Deportivo Liceo e o PAS Alcoi (sábado, 18:30h) para completar a data 21 de competición. Coma sempre, o apoio da afección será vital.

Por iso o club lanza de novo prezos populares para todo o que queira asistir a esta xornada de hockey. O público xeral terá esa posibilidade por nada menos que 5 euros e poderá adquirir a súa entrada dixital a través deste enlace de CLUBER. Unha vez no Pazo, o seu poseedor deberá ensinar o código QR da mesma para poder acceder.

O público xeral poderá adquirir as súas entradas de xeito online por tan só 5€. Os socios e abonados entrarán gratis ensinando credenciais.

Por outra parte, os socios do Deportivo Liceo e os abonados provintes do Real Club Deportivo entrarán ensinando os seus carnets, sexa de xeito dixital ou impreso.

Tamén entrarán de forma gratuita os Liceístas máis pequenos grazas á nova política do club, que podes consultar en detalle aquí.

Axúdanos nesta recta final de tempada!

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario