26 de maio de 2026
Seguimos percorrendo xuntos o camiño dos Playoffs! O Club repartirá novamente invitacións ós socios que queiran levar a algún acompañante ós dous primeiros partidos de Semifinais (29 e 31 de maio).
O venres 29 (20:30h) e o domingo 31 de maio (12:00h) son as datas elixidas para os dous primeiros partidos de Semifinais de Playoffs. Neles participará un Liceo que, de novo, contará coa súa afección para seguir avanzando neste camiño tan ilusionante.
Invitacións de balde para socios
A entidade volve poñer en marcha a posibilidade de que os seus socios soliciten invitacións sen ningún tipo de custo para ambos duelos. Tamén, en caso de ser necesario, para un hipotético quinto partido no Pazo.
Cada socio poderá solicitalas, a maiores do seu carnet, vía WhatsApp (+34 613 217 066) antes do xoves 28 de maio ás 22:00h no caso do primeiro encontro e do sábado ás 22:00h no caso do segundo. Os pases enviaranse por ese mesmo medio.
Ver esta publicación en Instagram
Socios do Deportivo
Non haberá cambios con respecto ós socios do Deportivo que adquiriran o suplemento de 5€. Todo aquel que o ensine en físico ou dixital (non valerá captura de pantalla) poderá entrar sen ningún custo durante tódalas Semifinais.
No caso de chegar á Final, deberase solicitar gratis a correspondente entrada a areasocial@hockeyclubliceo.com por motivos de aforo.
Entradas de público xeral
Como é habitual, tamén se activa a venda de pases para o público xeral con prezos absolutamente populares. Estará dispoñible (únicamente en Cluber) un pack para ir a ambos encontros. O enlace para adquirilo é o seguinte.
Tamén abrirán as taquillas de Riazor desde unha hora antes de cada partido, aínda que neste caso só venderán entradas individuais.
Abonos en taquillas
Para acabar, tamén existirá a posibilidade de adquirir un abono individual ou familiar para disfrutar dos Playoffs de forma íntegra. O valor de cada un será de, respectivamente, 25€ e 40€; sendo o familiar válido para un máximo de catro persoas da mesma unidade familiar (incluindo o socio titular).
Ditos bonos poderanse xestionar vía Cluber ou nas taquillas de Riazor antes de cada partido, igual que no caso das entradas de público xeral.

