28 de maio de 2026
O Liceo afrontará ante o Calafell esta eliminatoria ó mellor de cinco partidos. Os dous primeros xogaranse na Coruña.
Todos listos para unhas Semifinais que prometen emocións fortes. Só quedan catro aspirantes ó título da OK Liga e un deles é o Liceo de Juan Copa, máis que preparado para disputar esta nova eliminatoria co Calafell como rival. Os dous primeiros encontros da ronda xogaranse no Pazo dos Deportes de Riazor, con datas venres 29 de maio (20:30h) e domingo 31 (12:00h).
De tres a cinco partidos para decidir un finalista
Aí reside a gran diferenza con respecto ós Cuartos de Final. Mentres eses se celebraron ó mellor de tres encontros, co Liceo superando ó Lleida nos dous primeiros, tanto esta ronda como a Final serán a cinco. Unha vez máis, os verdibrancos poderán disfrutar do factor pista que ben se gañaron despois de conseguir o campionato da Fase Regular.



Isto quere dicir que, das cinco probas, se xogarían tres en Riazor e dous en Calafell. Tras estas dúas iniciais na Coruña a eliminatoria trasladarase ó Joan Ortoll (5 de xuño). Se fora necesario celebraríase outro partido no pavillón catalán (7 de xuño), e en caso de facer falta un quinto sería no Pazo dos Deportes (9 de xuño).
Se avanzara hacia a Final, a orde para o Liceo sería exactamente a mesma. O que é seguro é que o gañador das Semifinais se enfrontará ben ó Igualada ou ó Barcelona.
Un Calafell sólido e con armas
O conxunto do Joan Ortoll foi o cuarto clasificado da Fase Regular tras Liceo, Barcelona e Igualada; polo que o seu potencial está fóra de toda dúbida. Acumulou 48 puntos resumidos en 14 vitorias, 6 empates e 6 derrotas.
O Calafell acabou cuarto clasificado na Fase Regular da OK Liga.
Logrou a súa presenza en Semifinais despois de superar en Cuartos de Final ó Reus Deportiu, eliminatoria que non se decidiu ata os penaltis do terceiro encontro. Un compromiso no que brilou o exliceísta Martí Serra, posto que anulou tres das catro penas máximas lanzadas polo seu rival.

