O Liceo logra o seu pase ás semifinais da OK Liga

O Liceo logra o seu pase ás semifinais da OK Liga

23 de maio de 2026


Vence ó Lleida no Onze de Setembre e clasifícase pola vía rápida.

As semifinais empezarán en Riazor o venres 29 (20:30h) e o domingo 31 (12:00h) ante o Calafell ou o Reus.

O Liceo estará nas semifinais polo título despois de recurrir á vía rápida durante os Cuartos, pero por méritos máis que propios. Non foi sinxelo superar o ambiente do Onze de Setembre de Lleida, pero os 50 minutos de acción decretaron o triunfo dos homes de Juan Copa por segunda vez consecutiva; suficientes para avanzar nos playoffs polo título.

Ditas semifinais empezarán no Pazo dos Deportes contra o gañador da eliminatoria entre Reus e Calafell, e o farán o venres 29 e o domingo 31 en serie ó mellor de cinco.

Adiantarse e defender a vantaxe

Costou empezar a vislumbrar boas novas dentro da pista da localidade leridana, polo menos ata que o capitán Dava Torres plasmou por fin no marcador a superioridade liceísta. Minuto 18 e gol del dorsal 8 con sabor coruñés, igual que o que logrou César Carballeira ó pouco de regresar do descanso. A cousa poñíase aínda mellor grazas ó acerto da mellor conexión liceísta, pero o Lleida todavía tiña argumentos que presentar ó partido.

O Liceo non se adiantou ata o minuto 18, aínda que non volveu soltar o triunfo

Sebas Moncusí recortou distancias un minuto despois, o mesmo que tardou Nil Cervera en colocar o 1-3 e posteriormente Sergi Duch en recuperar para os locais a distancia dun gol (2-3 en el 40). Empezaba a fase decisiva do duelo, unha que Juan Copa logrou interpretar á perfección. Solidez, paciencia e búsqueda de oportunidades para finalmente pechar o asunto co dobrete de Dava Torres. Final feliz e mente no seguinte.

FICHA TÉCNICA

LLEIDA: Xavi Bosch; Toni Miguélez, Sebas Moncusí, Nico Ojeda, Jordi Badia (quinteto inicial), Darío Giménez, Fabri Ciocale, Sergi Duch, Martí Gabarró e Javi Sánchez (meta suplente).

LICEO: Blai Roca; Arnau Xaus, César Carballeira, Dava Torres, Nuno Paiva (quinteto inicial), Nil Cervera, Jacobo Copa, Bruno Saavedra, Toni Pérez e Martín Rodríguez (meta suplente).

ÁRBITROS: David Cantos e Alberto Pérez. Mostraron tarxeta azul a Martí Gabarró por parte do Lleida.

GOLES: 0-1 (Dava Torres, min. 18). 0-2 (César Carballeira, min. 30). 1-2 (Sebas Moncusí, min. 31). 1-3 (Nil Cervera, min. 32). 2-3 (Sergi Duch, min. 40). 2-4 (Dava Torres, min. 44).

RECINTO E INCIDENCIAS: OK Liga 25/26, Playoffs, Partido 2 de Cuartos de Final. Municipal Onze de Setembre (Lleida).