CRÓNICA #OKLiga | Un Liceo solvente leva o primeiro partido de Semifinais (4-1)

CRÓNICA #OKLiga | Un Liceo solvente leva o primeiro partido de Semifinais (4-1)

29 de maio de 2026


O cadro de Juan Copa supera con claridade ó Calafell tras un primeiro tempo excelente e inicia a ronda do mellor xeito posible.

O segundo partido tamén será en Riazor e se xogará este domingo 31 ás 12:00h.

As Semifinais empezaron con novas inmellorables para o Liceo de Juan Copa, claramente superior ó Calafell no primeiro encontro da eliminatoria. Un punto xa no poder dos coruñeses dos tres necesarios para gañarse un posto na Final. O Pazo dos Deportes disfrutou dun gran espectáculo con final feliz, presto a vivir o mesmo o próximo domingo 31 ás 12:00h. Esa será a data do segundo encontro da ronda.

En dez minutos para recordar, os verdibrancos (esta vez vestidos de camiseta branca e pantalón azul) deron o golpe na mesa que buscaban desde o principio. Só pasaron seis ata que empezou o recital de Bruno Saavedra, que apareceu desde o banco e só necesitou segundos para estrear o marcador. Os mesmos que lle farían falta para conseguir o dobrete e poñer o 2-0 no marcador. Redondeou este excelente inicio Jacobo Copa co 3-0 que finalmente chegou ó descanso, listo para recibir o pase dun Saavedra en estado de gracia.

Reacción insuficiente do Calafell

Non se mantivo quieto o equipo de Guillem Cabestany despois de semellante correctivo. O Calafell debía polo menos achegarse no electrónico para avisar ó Liceo, aínda que foron os de Juan Copa os que tiveron a primeira oportunidade de botar máis terra de por medio. Desaproveitada, sen embargo, despois de que Nil Cervera non transformara o penalti que el mesmo provocou.

Bruno Saavedra participou nos catro tantos do Liceo: dous directamente e outros dous asistindo

Os visitantes atoparon entón o pau de Blai Roca mediante Sergi Folguera, e posteriormente superaron ó meta en pena máxima grazas a Aleix Marimon (3-1, minuto 30). Foron os mellores momentos dos homes de Cabestany, aínda que a figura que emerxeu foi a do mencionado gardián liceísta. Ninguén puido superarlle de novo.

Finalmente, Arnau Xaus aproveitou unha nova asistencia de Bruno Saavedra para finiquitar o partido a falta de catro minutos para a súa conclusión (4-1). Con iso xa estaba e Riazor sabíao.

FICHA TÉCNICA

LICEO: Blai Roca; Arnau Xaus, César Carballeira, Dava Torres, Nuno Paiva (quinteto inicial), Nil Cervera, Jacobo Copa, Bruno Saavedra, Toni Pérez e Martín Rodríguez (meta suplente).

CALAFELL: Martí Serra; Carles Domènech, Biel Pujadas, Aleix Marimon, Sergi Folguera (quinteto inicial), Jerónimo García, Jepi Selva, Joan Pujalte, Quim Gabarró e Josep Virgili (meta suplente).

ÁRBITROS: Daniel Villar e Albert Barba. Mostraron tarxeta azul ó local Bruno Saavedra.

GOLES: 1-0 (Bruno Saavedra, min. 6). 2-0 (Bruno Saavedra, min. 7). 3-0 (Jacobo Copa, min. 10). 3-1 (Aleix Marimon, min. 30). 4-1 (Arnau Xaus, min. 46).

RECINTO E INCIDENCIAS: Playoffs OK Liga 25/26, Partido 1 de Semifinais. Pazo dos Deportes de Riazor (A Coruña).