PREVIA WSE CHAMPIONS LEAGUE 24/25 (X2) | Europa volve a Riazor

PREVIA WSE CHAMPIONS LEAGUE 24/25 (X2) | Europa volve a Riazor

28 de novembro de 2024


Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

O Liceo recibirá ó Oliveirense no regreso a Galicia da máxima competición continental (xoves 28, 20:30h).

Europa volve a un Riazor que deberá engalanarse para a ocasión. Deportivo Liceo e Oliveirense enfrontaranse na segunda xornada da WSE Champions League, inmersa totalmente na Fase de Grupos (xoves 28, 20:30h). O choque estará dirixido polos árbitros italianos Franco Ferrari e Massimiliano Carmazzi.

O Pazo dos Deportes de Riazor volverá a recibir a Juan Copa e os seus xogadores, protagonistas dun novo formato de competición que asegura un mínimo de dez datas. A primeira, disputada o pasado 21 de novembro, rematou con derrota na pista italiana do Trissino pero con todavía nove exames por diante para apretar.

Moito por dicir

O Liceo ocupa agora mesmo a cuarta posición do Grupo B, que comparte con Benfica, Quévert, Valongo e os propios Trissino y Oliveirense. Unha situación todavía anecdótica ó xogarse unha única data da Fase. Precisamente os catro primeiros posicionados da táboa son os que se clasificarán para os Cuartos de Final.

O novo formato de Champions implica dez partidos de Fase Regular, dos que o Liceo só disputou todavía un

A folla de ruta percorrida e por percorrer para os de Copa é a seguinte:

  • XORNADA 1 | Trissino vs. DEPORTIVO LICEO | 21 de novembro | 5-2
  • XORNADA 2 | DEPORTIVO LICEO vs. Oliveirense (28 de novembro)
  • XORNADA 3 | Dinan Quévert vs. DEPORTIVO LICEO (5 de decembro)
  • XORNADA 4 | AD Valongo vs. DEPORTIVO LICEO (12 de decembro)
  • XORNADA 5 | DEPORTIVO LICEO vs. Benfica (9 de xaneiro)
  • XORNADA 6 | Benfica vs. DEPORTIVO LICEO (16 de xaneiro)
  • XORNADA 7 | DEPORTIVO LICEO vs. AD Valongo (30 de xaneiro)
  • XORNADA 8 | DEPORTIVO LICEO vs. Dinan Quévert (6 de febreiro)
  • XORNADA 9 | Oliveirense vs. DEPORTIVO LICEO (20 de febreiro)
  • XORNADA 10 | DEPORTIVO LICEO vs. Trissino (27 de febreiro)

Copa: “Queremos facer forte Riazor”

O preparador coruñés, sabedor do novo formato pero tamén da gran dificultade desta competición, está convencido de que o poder do Pazo será chave nesta viaxe europea: “Queremos facer forte Riazor, nos partidos de Champions en casa vólvese moi importante sumar porque fóra é realmente complicado. Enfontarémonos a un gran rival que dificultará moito as cousas, pero creo que chegamos nun bo momento”. Para iso fixo un chamamento ós Liceístas para acudir en masa a Riazor.

Juan Copa poderá contar na visita do Oliveirense coa totalidade do plantel salvo a coñecida baixa de Pablo Cancela. Dava Torres, que non puido disputar minutos na recente vitoria en Noia, regresará en perfectas condicións para este choque.

Polo tanto, os dez xogadores que loitarán na pista do Pazo serán os seguientes:

  • Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
  • Martí Serra | Porteiro, 10
  • Nil Cervera | 2 | 3 goles en OK Liga
  • Arnau Xaus | 3 | 10 goles en OK Liga, máximo anotador do Liceo
  • César Carballeira | 5 | 5 goles en OK Liga e 1 en Champions
  • Jacobo Copa | 7 | 1 gol en OK Liga
  • Dava Torres | Capitán, 8 | 2 goles en OK Liga
  • Fabri Ciocale | 9 | 3 goles en OK Liga e 1 en Champions
  • Bruno Saavedra | 13 | 1 gol en OK Liga
  • Tato Ferruccio | 77 | 1 gol en OK Liga

Tras esta proba, o Liceo vivirá unha fin de semana sen OK Liga. O próximo encontro volverá a ser europeo, coa visita ó Dinan Quévert francés (xoves 5 de decembro, 20:00h). A fin de semana do 7 si regresará a competición nacional coa visita a Riazor do Caldes (domingo 8, 12:00h).

Un coloso de Portugal

O Oliveirense, un dos grandes equipos do país veciño, é o actual campión da WSE Continental Cup. Parte da responsabilidade é para Nuno Resende, ex do Benfica e novo ocupante do banquiño desde o pasado mes de agosto.

O seu rendemento no igualadísimo campionato nacional portugués, sen embargo, non é o mellor. Tras 7 partidos xogados é o undécimo clasificado dun total de 14 participantes, pero a perigosidade do equipo unionista está fóra de toda dúbida. Esa dinamita chega grazas a grandes xogadores como Lucas Martínez, Facundo Navarro ou os exliceístas Bruno Di Benedetto e Franco Platero.

Bruno Di Benedetto regresará, xunto a Platero, á que foi a súa casa. Imaxe: OLIVEIRENSE.

O primeiro partido europeo si foi un rotundo éxito para o Oliveirense, capaz de gañar por 6-2 ó Dinan Quévert.

Resende viaxará a Riazor cos seguintes xogadores, aínda que deberá realizar un descarte:

  • Xano Edo | Porteiro, dorsal 1
  • Diogo Alves | Porteiro, 47
  • Bruno Di Benedetto | 3 | 2 goles en Liga e 1 en Champions
  • Diogo Lemos | 7
  • Marc Torra | Capitán, 8 | 2 goles en Liga
  • Nuno Santos | 22 | 1 gol en Liga
  • Lucas Martínez | 27 | 4 goles en Liga e 2 en Champions
  • Facundo Navarro | 33 | 3 goles en Liga e 1 en Champions
  • Xavi Cardoso | 39
  • Franco Platero | 57 | 2 goles en Liga e 1 en Champions
  • Diogo Abreu | 78 | 1 gol en Liga e 1 en Champions

Deixa un comentario