23 de novembro de 2024
Imaxe: MANU BOUTUREIRA.
O Liceo, co obxectivo da vitoria, afrontará en Sant Sadurní o quinto partido en dúas semanas.
O hockey non se detén para o Deportivo Liceo, que apenas tres días despois de debutar en Champions deberá loitar pola vitoria na pista do Noia (domingo, 12:30h). Será o quinto encontro para os de Juan Copa en dúas semanas, acumulando o comezo da competición europea e as xornadas intersemanais da OK Liga.
Esta novena xornada de Fase Regular estará dirixida por Iñigo López-Leitón Zapico e Oriol Pérez Claramunt, con Ignasi Galán García como auxiliar. Non cambia dentro deste maratón que o encontro se poderá ver en directo e de balde grazas ó streaming de OK Liga TV (canle de YouTube).
Un calendario esixente
Os partidos concéntranse e só toca afrontalo do mellor xeito posible. Juan Copa e os seus xogadores viaxarán ó Olímpic de l’Ateneu poucas horas despois de regresar de Italia, lugar onde os verdibrancos estrearon a Champions 24/25 (derrota ante o Trissino, Grupo B). Previamente, desde o 10 de novembro, tamén tiveron que desafiar ó Calafell, ó Sant Just e ó Alpicat. Todas esas probas remataron con triunfos.
Son precisamente tres as vitorias consecutivas dos liceístas nesta Fase Regular nacional. Unha boa racha que elevou ó equipo á terceira posición con 15 puntos.
Trala desafiante xornada que espera en Sant Sadurní, o Liceo deberá prepararse para o debut europeo en Riazor: será o xoves 28 (20:30h) coa visita do Oliveirense. Esa fin de semana, polo contrario, non haberá OK Liga, pero si xornada intersemanal europea na casa do Dinan Quévert francés.
Dez homes inamovibles
Juan Copa contará ante o Noia cos dez xogadores habituais que conforman as súas listas desde a lesión grave de Pablo Cancela. Son os seguintes, xunto ás súas estatísticas goleadoras nas dúas competicións disputadas ata o momento:
- Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Nil Cervera | 2 | 2 goles en OK Liga
- Arnau Xaus | 3 | 8 goles en OK Liga, máximo anotador do Liceo
- César Carballeira | 5 | 5 goles en OK Liga e 1 en WSE Champions League
- Jacobo Copa | 7 | 1 gol en OK Liga
- Dava Torres | 8 | 2 goles en OK Liga
- Fabri Ciocale | 9 | 3 goles en OK Liga e 1 en WSE Champions League
- Bruno Saavedra | 13 | 1 gol en OK Liga
- Tato Ferruccio | 77 | 1 gol en OK Liga
Un Noia con novo responsable
A saída de Guillem Cabestany do banco nacional español provocou en verán a chegada de Pere Varias, o inquilino do Noia nestes últimos anos. Carlos Cortijo é o seu sustituto e de momento coloca ó equipo na quinta posición con 12 puntos, aínda que cun partido menos.
O Noia, por outro lado, é un dos equipos que loita na WSE Champions League. O seu partido do pasado xoves ante o Reus (Grupo A) terminou con vitoria grazas ós goles de Xavi Costa e Jordi Bargalló, un clásico exliceísta que regresou recentemente ás pistas tras un comezo de tempada ausente.
O novísimo Pau Andreu foi o seu sustituto nas convocatorias ata o momento, polo que o regreso do número 9 obrigará a Carlos Cortijo a descartar a un xogador destes once:
- Blai Roca | Porteiro, dorsal 20
- Iker Jiménez | Porteiro, 99
- Aleix Esteller | Capitán, 4 | 2 goles en OK Liga
- Xavi Costa | 6 | 2 goles en WSE Champions League
- Toni Salvadó | 8 | 2 goles en OK Liga
- Jordi Bargalló | 9 | 1 gol en WSE Champions League
- Xavi Aragonès | 26 | 3 goles en OK Liga
- Martí Gabarró | 27 | 5 goles en OK Liga
- Humberto Mendes | 32
- Pau Andreu | 49
- Iván Morales | 97 | 8 goles en OK Liga