Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).
O camiño do triunfo regresa á propiedade do Deportivo Liceo, que recuperou sensacións tras vencer a un bo CP Voltregà (4-1) no Pazo dos Deportes. O equipo de Juan Copa colócase así con 52 puntos, empatado momentáneamente co liderado que ocupa o Barcelona.
Os primeiros tres minutos de xogo ofreceron ata catro ferros diferentes. O primeiro foi do conxunto catalán tras un disparo lonxano, só antes de que unha definición de Jordi Adroher pegara no pao e posteriormente saíra rebotada ó mesmo longueiro. Dúas xogadas despois, o Voltregà probou novamente o seu sabor.
Como o gol tiña que chegar, visto o visto, fíxoo da man de Jordi Adroher ós oito minutos. El mesmo colocou o 2-0 pouco despois tras un bo pase de Roberto Di Benedetto, e a partir dese momento equilibrouse a balanza. Aínda así, o Liceo reclamou dous penaltis que os colexiados do encontro decretaron fóra da área. O potencial coruñés trouxo o 3-0, obra de Marc Grau.
Intercambio de golpes
Lonxe de darse por vencido, o Voltregà atacou con perigo á meta defendida por Carles Grau. Aleix Molas atopou de novo o ferro en dúas ocasións, ambas tras sendas definicións de calidade. Non significou que o Deportivo Liceo non tivera as súas oportunidades, xa que rozou un 4-0 só frustrado por un seguro Blai Roca. O cuarto tanto chegou a través doutra falta directa maxistral de Jordi Adroher, para sumar ó seu longo catálogo. Corría o minuto 35, e un despois o Voltregà recortou distancias desde o punto de penalti (obra de Aleix Molas). O 4-1 campou ata o final.
Cunha vitoria máis baixo o brazo, o Deportivo Liceo deberá visitar ó Palafrugell na xornada 21 da OK Liga.
FICHA TÉCNICA
DEPORTIVO LICEO: Carles Grau, Franco Platero, Dava Torres, Roberto Di Benedetto, Jordi Adroher (quinteto inicial), Maxi Oruste, Marc Grau, Fabri Ciocale e César Carballeira.
CP VOLTREGÀ: Blai Roca, Marc Palazón, Gerard Rovira, Gerard Teixidó, Arnau Canal (quinteto inicial), Aleix Molas, Humbert Serra, Eric Vargas e Roger Font.
GOLES: 1-0 (Jordi Adroher, min. 8). 2-0 (Jordi Adroher, min. 10). 3-0 (Marc Grau, min. 21). 4-0 (Jordi Adroher, min. 35). 4-1 (Aleix Molas, min. 36).
ÁRBITROS: López-Leytón Zapico e Díaz Cosme. Mostraron cartón azul ós visitantes Gerard Rovira e Humbert Serra.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á xornada 20 da OK Liga 20/21. Pazo dos Deportes de Riazor, porta pechada.