Fin de semana de dobre partido para o OK Prata

O filial masculino xogará o sábado (Finved Capellades) e o domingo (SHUM Frit Ravich).
Sin título

Non faltarán cousas que facer no OK Prata do Deportivo Liceo durante a fin de semana do 20 de febreiro. O filial masculino non só disputará unha xornada máis do Grupo Norte da competición, senón que serán dúas. Primeiro recibirá ó Finved Capellades o sábado ás 18:00h. Ese mesmo domingo será, novamente, anfitrión do SHUM Frit Ravich (15:00h).

Desta intensa forma poñerá fin a varias semanas sen competir que comezaron o 30 de xaneiro, cando o Liceo venceu ó Compañía de María (1-0) nun dos derbis coruñeses da categoría.

O equipo dirixido por Stanis García é o actual quinto clasificado do Grupo Norte da OK Prata con 21 puntos, 7 menos que o líder Manlleu. Nesta dobre cita recibirá, precisamente, a un SHUM sexto na táboa con 19 puntos e que o sábado xogará contra o Dominicos. A viaxe a Galicia do conxunto catalán será dobremente aproveitada con este enfrontamento, segundo consecutivo para ambos na fin de semana. Pola súa parte, o Finved Capellades é o penúltimo da clasificación con 11 puntos de 39 posibles.

Os enfrontamentos ante ambos equipos da primeira volta remataron con vitoria liceísta (2-5 ante o Finved Capellades e 1-3 ante o SHUM).

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario