CRÓNICA | Un minuto tráxico condena ó Deportivo Liceo (3-4)

CRÓNICA | Un minuto tráxico condena ó Deportivo Liceo (3-4)

A fortuna non estivo do lado do Deportivo Liceo no seu choque contra o Igualada Femení. As xogadoras de Stanis García caeron en Riazor por segunda vez (a primeira derrota foi ante o Palau) tras sufrir unha remontada en contra e in extremis, polo que continúan con 10 puntos na OK Liga Feminina.

Comezou gañando o conxunto catalán, anotador ós cinco minutos (Pati Miret) despois dun inicio igualado. O golpe non amedrentou ó Liceo, que lle deu a volta ó marcador grazas á pichichi Adriana Soto (falta directa) e a Alba Garrote. A dorsal 9, responsable do 2-1 parcial, redimíase así dun lanzamento directo errado escasos momentos antes.

Unha segunda parte amarga

Mellor pintaba o panorama na reanudación, cando Soto marcou o 3-1 e deu algo de tranquilidade ás verdibrancas. Houbo oportunidades para o cuarto e así aproveitar o aturdimento temporal do Igualada, superado por momentos.

O Igualada marcou no 47 e no 48 para robarlle ó Liceo tres amargos puntos

Desgraciadamente para os intereses liceístas, Carolina Herrera fixo espertar ás súas compañeiras co 3-2. A partir dese momento, o que chegou foi o minuto tráxico que decidiu o partido. Do 47 ó 48, a propia Herrera e Aida Mas estableceron o 3-4 final. O Deportivo Liceo buscou o empate utilizando a cinco xogadoras de pista, pero non o logrou.

Pouco tempo haberá para recuperarse. O vindeiro martes 1 de febreiro tocará visitar a pista dun dos cocos da categoría: o Vila-sana (20:30h).

FICHA TÉCNICA

DEPORTIVO LICEO: Viki Caretta; Bea Gaete, María Sanjurjo, Alba Garrote, Adriana Soto (quinteto inicial), Ale Martín, Naiara Vaamonde, Lucía Yáñez e Cris Diz.

IGUALADA FEMENÍ: Cristina Riba; Pati Miret, Aida Mas, Rocío Ramón, Carla Claramunt (quinteto inicial), Carolina Herrera, Queralt del Àguila, Gina Balcells e Helena de Sivatte.

ÁRBITRO: Francisco José Martínez Suárez. Mostró cartón azul á local Alba Garrote e ás visitantes Pati Miret (en dúas ocasións) e Rocío Ramón.

GOLES: 0-1 (Pati Miret, min. 5). 1-1 (Adriana Soto, min. 11). 2-1 (Alba Garrote, min. 20). 3-1 (Adriana Soto, min. 26). 3-2 (Carolina Herrera, min. 43). 3-3 (Carolina Herrera, min. 47). 3-4 (Aida Mas, min. 48).

Xornada 12 da OK Liga Feminina 21/22. Pazo dos Deportes (A Coruña).

Deixa un comentario